COMUNICACIÓN

O deseño e posta en marcha de estratexias de comunicación para empresas e entidades tamén ten un peso importante no traballo de 70 Mandarinas.

Algúns dos nosos traballos:

turismo de galicia

Desde o mes de xullo de 2019, somos a empresa encargada do da xestión das redes sociais en canto contido e imaxe da axencia Turismo de Galicia e das canles oficiais do Camiño de Santiago,  Tamén damos forma ao contido do blog informativo.

ACADEMIA XACOBEA

Xestionamos as accións de relacións cos medios de comunicación da Academia Xacobea: notas de prensa, comunicados, dossieres informativos, publicacións web…

BONAVAL

Desde o ano 2016 ata finais do 2019 fumos responsables da comunicación e o márketing do
Grupo Bonaval (que pertence ao grupo Pérez Rumbao) e dos seus concesionarios: Audi, Seat, Skoda e Fiat.

Únete á comunicación e á creatividade
como motor da túa empresa.

Queremos formar parte dese proxecto que tes en mente.