Sobre a nosa empresa:

En poucas palabras...
70 Mandarinas Comunicación nace en Santiago de Compostela e temos as nosas oficinas na capital galega, pero a nosa vocación é a de traballar por toda Galicia.
Desenvolvemos proxectos nas catro provincias e nos puntos máis diversos da nosa xeografía. Dispomos de medios propios para o desenvolvemento integral de traballos de comunicación, deseño e produción audiovisual (salas de edición e locución, equipos de gravación de vídeo e audio, e pantallas e soportes para publicidade).
Ademais, contamos cun equipo humano que combina xuventude, experiencia, ganas e capacidade para levar a cabo novos proxectos.
Xa coñecen o noso traballo:


























