70
Mandarinas
Comunicación

QUE É 70 MANDARINAS?

As transformacións sociais, a revolución tecnolóxica e da información, e os cambios nos hábitos de consumo e na forma que temos de relacionarnos co mundo que nos rodea son algúns dos aspectos que guían o traballo de 70 Mandarinas Comunicación. Todos eses elementos inspiraron a nosa posta en marcha como empresa multidisciplinar capaz de abordar dun xeito diferenciado algo tan sinxelo, pero repleto de posibilidades, como é a acción de comunicar:
“Facer saber [certa cousa] a alguén” di a primeira acepción do diccionario na que tamén aparecen como sinónimos conceptos como anunciar, avisar, informar, revelar e transmitir.
No caso de 70 Mandarinas Comunicación estas ideas están moi presentes no noso día a día, pero o radio de acción vai máis aló como empresa xeradora tamén de novos contidos e formatos nos eidos audiovisual e cultural.
COMUNICACIÓN.
+
DESEÑO.
+
EVENTOS.
+
FOTOGRAFÍA.
+
VÍDEO.
+
PUBLICIDADE.
+
01. Idea

Para unha comunicación efectiva, o máis importante é contar con boas ideas. Se estás un pouco perdid@, axudámosche a atopar o camiño da creatividade.

02. Proceso

Detrás dun novo produto hai unha mente creativa. Detrás dunha venda, unha estratexia elaborada. A tecnoloxía é unha gran aliada, pero non pode dominar á creatividade. Non permitas que che cegue o continente e pensa sempre no contido.

03. Resultados

Acadar metas, conseguir os obxectivos propostos, ter unha boa estratexia… Son os ingredientes necesarios para obter un bo posicionamento de marca. Converterse nunha marca referente é unha carreira de fondo. 

A orixinalidade marca a diferencia. Destacar como marca significa ofrecer algo diferente ao teu público tanto nos teus produtos coma na forma de comunicalos.

"Ninguén construíu nunca unha marca imitando a publicidade de outro."

David Ogilvy

Para fomentar a consecución dunha boa idea, hai que desfacer moitas outras antes. Ao mellor, a túa mellor idea é a primeira que tiveches, pero saberás que é así por comparación. O imporante é ser perseverante.

"A mellor forma de ter unha boa idea é tendo moitas ideas."

Linus Pauling

Os protagonistas da historia son os clientes. Son os consumidores directos do teu produto ou servizo e por iso, hai que coidalos e darlles o que mereceren.

"Converte ao cliente no heroe da súa historia"

Ann Handley

Deseñamos estratexias e campañas de comunicación. Xestionamos redes sociais e creamos contido dixital.

Aplicamos o deseño a calquer ámbito. Creamos conceptos, marcas, cartelería, webs e todo o que precises.

Ofrecemos un servizo integral para facer realidade o teu evento. Contamos con experiencia en diferentes campos.

Encargámonos da captación e edición de imaxes de todo tipo: de eventos, fotografía 360º, para redes sociais e de producto.

Damos forma á túa idea. Encargámonos da escritura do guion, de todo o proceso de preprodución e rodaxe e da edición.

Ideamos campañas publicitarias a todos os niveis. Creamos mensaxes e conceptos creativos. Posicionamos a túa marca

  • 881 979 646
  • comunicacion@70mandarinas.com
  • Montero Ríos 52, 1º Local 1 - Santiago de Compostela